miércoles, 9 de marzo de 2011

Xuventude oferta este verán máis de 9.300 prazas en campamentos e campos de traballo.

Xa está aberto o prazo para participar durante os meses de xullo e agosto nos campamentos de verán de Galicia dirixidos a menores de 18 anos.

Nestes campamentos, tantos os que se desenvolverán en Galicia como fóra da comunidade, poderán participar mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. O prazo para presentar a solicitude rematará o próximo 22 de marzo. O sorteo das prazas realizarase ante notario o día 20 de abril. Os participantes disporán dun programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo e formativo, aloxamento no albergue, residencia o campamento xuvenil, así como manutención en réxime de pensión completa, atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Máis información en Xuventude






Estiveches en algún campamento? Como foi a túa experiencia? Conta, conta.

By Administradora

No hay comentarios:

Publicar un comentario