*¿Me podrías indicar tu nombre completo?
Millán Brea Castro
Millán Brea Castro
*¿Qué estudiaste?
Comecei os meus estudos na Universidade de Vigo, facendo Traballo Social e despois Educación Social (que non son o mesmo). Despois, marchei a Compostela a facer Pedagoxía. Agora estou a facer o Doutorado de novo na Universidade de Vigo.
*¿Cuál es realmente tu profesión?
Na actualidade exerzo como educador social no Centro Quérote +. Tamén a docencia é un ámbito no cal estou moi cómodo, principalmente na educación non formal. Habitualmente, dou curso de monitores e directores de lecer e tempo libre. Teño unha empresa de animación, lecer e tempo libre, na que trato de organizar diversas actividades, todas elas dende un punto de vista lúdico - educativo.
-¿En qué consiste?
Coma educador social, desenvolvemos proxectos de intervención especialmente con mocidade, deseñando os programas e levándoos acabo mais adiante.
No Centro, na Casa da Xuventude de Ourense, atendemos dúbidas ou inquedanzas que se nos plantean pola xente que alí acude.
-¿Te gusta?
Realmente estou moi contento con poder exercer coma educador, que é a profesión que máis me gusta, e na que creo podo realizar unha labor máis completa. O traballo de formación e dinamización social é imprescindible para a mellora do día a día, tanto nun instituto como nunha asociación, casa da xuventude...Me gusta porque penso que estamos facendo unha labor necesaria, ainda que se cadra, menos recoñecida do que debería...
-¿Por qué?
¿por que me gusta?. "Pregunta do millón"... A sociedade, a mocidade especialmente non é tan mala como nos plantexan a diario os medios de comunicación. Tedes iniciativas, buscades solucións, ... É imprescindible manter contacto coa xente moza para poder saber que hai fóra da oficina. Ás veces, plantéxanse intervencións sen ter en conta a quen vai, que precisan, que buscan...
Eu estou contento de poder interactuar cos mozos e mozas, que sodes o futuro da sociedade. Pero que conste, que eu sigo sendo mozo!! jejeje
*¿En qué tipo de actividades estás inmerso ahora?
Neste momento, estou metido en varias historias fóra do que sería a Rede de Centros Quérote. Estou a piques de abrir cuns amigos unha escola de tempo libre para formar a rapaces e rapazas da cidade de Ourense. Tamén, participo nunha asociación ("alternativas sociais"), que executa na actualidade a Liga galega de futbol-chapas...buf! e son adestrador de baloncesto no COB...
*¿Tienes algún proyecto nuevo previsto?
Sí, algún temos por ai....
-¿Cuál?
A escola de tempo libre pode chegar a ser un proxecto moi ambicioso, xa que non pretendemos facer unha formación exclusiva en monitores/as de lecer e tempo libre, senón en moitos aspectos vencellados a cultura e lingua galega: bailes, cantigas, xogos....
A escola de tempo libre pode chegar a ser un proxecto moi ambicioso, xa que non pretendemos facer unha formación exclusiva en monitores/as de lecer e tempo libre, senón en moitos aspectos vencellados a cultura e lingua galega: bailes, cantigas, xogos....
*¿En qué consiste Quérote máis?
É un servizo público, con Centros espallados por toda Galicia, que ten como obxectivo principal prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal
É un servizo público, con Centros espallados por toda Galicia, que ten como obxectivo principal prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal
*¿Qué temáticas se traballan en Quérote máis?
Na actualidade, temos 6 temáticas sobre as que xira a nosa intervención: Gústate (imaxe corporal), Vitalízate (sensacións ou sustancias), Móvete (¿móveste seguro?), Quérete (sexualidade e afectividade), Conéctate (redes sociais, privacidade), Relaciónate (resolución conflitos, ...)
Entrevista elaborada y realizada por RUBIA.
QUÉROTE MÁIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario